Musgo knockout

Physcomitrella patens de tipo silvestre e knockout: fenotipos desviados inducidos nos transformantes da biblioteca de disrupción de xenes. A Physcomitrella de tipo silvestre e as plantas transformadas cultiváronse nun medio Knop mínimo para inducir a diferenciación e o desenvolvemento de gametóforos. Para cada planta móstrase unha vista xeral (ringleira superior; a barra de escala corresponde a 1 mm) e un primeiro plano (ringleira inferior; barra de escala de 0,5 mm). A: Planta de musgo de tipo silvestre haploide completamente cuberta con gametóforos follosos e primeiro plano de folla de tipo silvestre. B–D: Diferentes mutantes.[1]

Un musgo knockout é unha planta de musgo na cal un ou máis xenes específicos son eliminados (deleción) ou inactivados (o que se denomina knockout de xenes) por medio da técnica da gene targeting. Despois da deleción dun xene, o musgo knockout perde o trazo que estaba codificado por ese xene. Así, pode inferirse a función deste xene. Este enfoque científico denomínase xenética inversa, xa que os científicos tratan de desvelar a función dun xene específico. Na xenética clásica o científico empezaba estudando un fenotipo de interese e buscaba o xene que causaba dito fenotipo. Os musgos knockout son importantes en investigación básica en bioloxía e en biotecnoloxía.

  1. Egener, Tanja; Granado, José; Guitton, Marie-Christine; Hohe, Annette; Holtorf, Hauke; Lucht, Jan M; Rensing, Stefan A; Schlink, Katja; Schulte, Julia; Schween, Gabriele; Zimmermann, Susanne; Duwenig, Elke; Rak, Bodo; Reski, Ralf (2002). "High frequency of phenotypic deviations in Physcomitrella patens plants transformed with a gene-disruption library". BMC Plant Biology 2: 6. PMC 117800. PMID 12123528. doi:10.1186/1471-2229-2-6. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne